Dende o 27 de setembro de 1977 o Instituto é
membro da REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO,
unha organización internacional que agrupa
a máis de 6.000 escolas, de tódolos
niveis, nos cinco continentes. Cada escola da organización
asume e peresgue unha serie de obxectivos básicos:
Crear
nos estudiantes actitudes de tolerancia, comprensión
e cooperación internacional.
Converterse
en baluartes da defensa dos Dereitos Humanos e da
Educación en Valores.
Educar
nunha cultura de paz ós alumnos e alumnas.
Crear
ámbitos de relación interculturais e
interétnicos.
Introducir
no proceso de ensinanza-aprendizaxe metodoloxías
innovadoras, nas que estén presentes as novas
tecnoloxías.
Establecer
canles de intercambio entre estudiantes e profesores
dos diferentes países.
Dentro deste ámbito o Instituto ten recibido
o recoñecemento da UNESCO, pola súa
defensa dos Dereitos Humanos e dunha cultura de PAZ.
Nestes anos estivo a participar nunha serie de proxectos
internacionais e coa propia comunidade, desenvolvidos
por estudiantes de 1º de E.S.O.( 12 anos ) a
2º de Bacharelato ( 18 anos ), a través
dun Comité UNESCO permanente e pola inclusión
dos mesmos en algunhas da programación de aula.