«MENU UNESCO »
PROXECTOS
FIÚNCHO
ESCOLAS
NOVAS UNESCO
FORO UNESCO
CHAT UNESCO
 «+CONTIDOS»
O PINTOR SEOANE
ESCOLA UNESCO
CONTACTO
TABOLEIRO ANUNCIOS

INICIO->Escola Unesco->Ponte nas Ondas Utilidades do Sitio Web Pon ó Luis Seoane como páxina de inicio Agregenos ós seus Favoritos Contácte connosco 


 «PONTE NAS ONDAS»


PONTE... ¡NAS ONDAS!


Un grupo de profesores/as da Galicia (España) e do Norte de Portugal vimos realizando desde hai 6 anos unha experiencia educativa entre as nosas escolas e institutos chamada PONTE...NAS ONDAS!. A experiencia consiste na realización dunha xornada de radio elaborada integramente polos/as alumnos/as das escolas participantes. Esta xornada de emisión elaborase ao longo do curso escolar co intercambio de traballos entre todas as escolas e institutos participantes e coa integración na actividade de persoas do mundo da cultura ( escritores, artistas, cantautores, etc..)...

Para iso cóntase coa colaboración de varias emisoras de radio de Galicia e Portugal, das Câmaras Municipais e dos Concellos próximos e da Compañía Telefónica, que aporta a infraestrutura técnica para a emisión.

Coa emisión a través de Internet, a actividade adquiriu unha nova dimensión, achegando a escolas, profesorado e personaxes da cultura de diferentes países. Ademais de escolas de Francia, Holanda ou Finlandia, merece a pena destacar as da área lingüística máis próxima, como a recente incorporación de escolas do Brasil.

No aspecto de incorporar á experiencia aos medios de comunicación e representantes da cultura, cabe destacar como xornalistas de Barcelona, Madrid ou Lisboa se interesaron pola experiencia e mesmo estableceron conexións en directo dentro dos seus programas. Cabe destacar a conexión na 4ª e 5ª edición da xornalista Julia Otero desde o seu programa "La radio de Julia", as conexións establecidas por Iñaki Gabilondo desde o seu programa " Hoy por Hoy " e a de Diamantino José desde Lisboa para " Tardes da Telefonía " .

No referido á presencia da xente da cultura, cantautores de Galicia e de Portugal como Uxía e Joao Afonso chegaron a realizar gravacións especiais para o día da emisión. Tamén deputados do Parlamento Europeo ou mesmo o premio Nobel de literatura José Saramago chegaron a seren entrevistados nalgunha das edicións. Este aspecto fixo que a experiencia transcendese do ámbito estrictamente escolar e emerxese como unha plataforma de integración entre o ámbito cultural e o educativo.

Nun momento en que a escola ten que abrir xanelas a un mundo cada vez mis globalizado, presentamos unha experiencia que integra o traballo cos medios de comunicación incorporando á cultura máis próxima. Actividade que se dá a coñecer a toda a sociedade na que os xoves están inmersos a través deses medios de comunicación nos que eles mesmos son protagonistas.

Por tanto, PONTE...NAS ONDAS! é unha ponte de comunicación entre os xoves, os profesores, os xornalistas e a xente da cultura, que poden comunicarse nunha lingua común desde a súa realidade social, educativa e cultural compartindo unha experiencia multicultural.




©«iesluisseoane.org»