«QUEN SOMOS »
VISITA O CENTRO
PROXETO EDUCATIVO
 «+CONTIDOS»
O PINTOR SEOANE
ESCOLA UNESCO
CONTACTO
TABOLEIRO ANUNCIOS


INICIO->Quen Somos Utilidades do Sitio Web Pon ó Luis Seoane como páxina de inicio Agregenos ós seus Favoritos Contácte connosco 


 «QUEN SOMOS»


O I.E.S. Luis Seoane é un centro público dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia situado en Monte Porreiro (Pontevedra).

A súa acción educativa baséase nos valores do pluralismo, a convivencia a coeducación e a democracia, asumindo como lingua de aprendizaxe a lingua galega dentro do respecto ó dereito de calquera membro da comunidade escolar a usar calquera das linguas oficiais.

O instituto mantén unha actitude receptiva ós cambios que se producen na sociedade e á necesidade de relacionarse con todo o mundo, partindo do coñecemento do entorno máis próximo. Neste senso ten participado en diversos programas (Sócrates, Leonardo da Vinci, Interreg) en programas de cooperación con USA (Globe), forma parte da rede de Escolas asociadas á Unesco e mantén abertos lazos solidarios con escolas de Guatemala.

Este centro sempre tentou estar ó día no emprego das novas tecnoloxías, neste senso, temos páxina Web dende hai cinco anos, e estas novas páxinas supoñen unha segunda etapa máis ambiciosa con utilización dun dominio propio e contidos máis útiles para a comunidade educativa.




©«iesluisseoane.org»