«+CONTIDOS»
NOVAS
O PINTOR SEOANE
ESCOLA UNESCO
CONTACTO
TABOLEIRO ANUNCIOS


INICIO->Novas Utilidades do Sitio Web Pon ó Luis Seoane como páxina de inicio Agregenos ós seus Favoritos Contácte connosco 


 «PROXECTO CURRICULAR »


TEMAS TRANSVERSAIS


Introducción

Os contidos transversais forman parte dos obxectivos educativos da E.S.O. polo que é importante a súa inclusión nos currículos das diferentes áreas, xa que non son específicos de ningunha en particular. Os distintos temas abranguen valores admitidos socialmente e non sempre tratados nos aspectos científicos de cada área. O seu tratamento didáctico debe favorecer a perfecta mestura cos contidos procedementais, actitudinais e conceptuais, así como o tratamento multidisciplinar.


Lista de temas transversais

Educación moral e cívica: busca o fomento da convivencia e do seu recurso principal, o diálogo, como o único xeito de constituír relacións nas sociedades contemporáneas. Débense fomentar os hábitos de convivencia no centro.

Educación vial: debe poñer o acento no problema da inseguridades nas estradas e no fomento dos hábitos de cumprimento das normas de circulación tanto nos peatóns como nos conductores.

Educación para a saúde: partindo do coñecemento da fisioloxía do corpo o obxectivo principal vai ser fomentar a idea do benestar físico e mental como un valor, sen esquecer a promoción do uso sá do lecer.

Educación ambiental: crear o sentido da responsabilidade individual na conservación do medio ambiente co fomento dos hábitos respectuosos co entorno. Neste ciclo o propio Centro é o lugar de orixe dunha conducta respectuosa co noso entorno que logo levar ó medio ambiente

Educación para a paz: o coñecemento da presencia continua da violencia nas sociedades humanas e a incorporación definitiva de valores tolerantes, pacifistas, cooperativos, internacionalistas entre os valores das novas xeracións.

Educación para o consumo: debe buscarse un consumo responsable que enfronte criticamente as necesidades reais co seu custo económico, medioambiental, social e individual. Entre xoves é importante que coñezan os dereitos que teñen como consumidores e as características da linguaxe publicitaria.

Educación sexual: tendo en conta as idades do alumnado de cada ciclo, hai que achegarse dun xeito diferente ós temas da sexualidade, que abranguen cuestións afectivas, fisiolóxicas e morais, sen esquecer o tratamento non sexista deste tema.

Educación non sexista: o obxectivo neste ciclo debe ser superar os prexuízos sexistas que imperan na sociedade e nos medios de comunicación de masas. A idea que se ten que fomentar é que todos participamos en tódalas actividades e responsabilidades sen encasillamentos.

Educación nos medios de comunicación: a complexidade do mundo dos mass media motiva que a reflexión sobre a súa utilización, comprensión e recepción crítica sexa un asunto que atravese tódalas áreas. O obxectivo abranguerá tamén a búsquea dunha utilidade educativa e social destes medios de información



Metodoloxía

Quedou establecido na introducción a necesidade de introducir os temas transversais en calquera das áreas do currículo..
A Comisión de Coordinación pedagóxica poderá encargarse de deseñar a comenzos de curso unha proposta de traballo que incida naqueles temas que necesiten unha atención especial. O traballo deberá facerse cubrindo os seguintes puntos:

    1. Obxectivos a conquerir
    2. Seminarios a participar e propostas
    3. Temporalización e grupos
    4. Actividades a realizar

O proceso conxunto incorporará a autoevaluación e un rediseño permanente.

Voltar ó índice




©«iesluisseoane.org»