|
| «+CONTIDOS» |
 |
|
| «PROXECTO
CURRICULAR » |
 |
CRITERIOS DE PROMOCIÓN
3º DA ESO
- Tódolos
alumnos deben acada-los obxectivos de curso en
tódalas áreas ou materias.
-
Discutirase sobre a promoción daqueles alumnos
que non acaden os obxectivos en dúas áreas
como máximo (sen incluír a asignatura
de Relixión), e neste caso a xunta avaliadora
aterase ás seguintes consideracións:
- Decidir
que un alumno repita non significa castigo,
senón o firme compromiso de buscarlle unha
nova oportunidade, un novo método de apoio
- Valorarase
a actitude e o progreso ó longo
do curso, non só o nivel de contidos do
último ano. A estes efectos terase en conta
a adquisición da maioría das capacidades
en todas as asignaturas.
- Será
un factor determinante que imposibilita para
a promoción unha evidente e reiterada
despreocupación cara unha área ou
materia. Esta posibilidade documentarase mediante
o aviso previo á familia do alumno; esta
comunicación farase sempre con rexistro
de saída e o/a titor/a ten que gardar unha
copia da mesma. Para aplicar esta medida hai que
confirmar o aviso de "reiterada despreocupación"
antes da celebración da sesión de
avaliación final
- Recomendaráselles
que se incorporen a un Programa de Garantía
Social a aqueles alumnos que cumpran os anos que esixe
a lei, que recibisen tódolos apoios dos que
dispón o Instituto e que, a pesar de todo,
a súa permanencia nesta etapa escolar se manifeste
claramente negativa para eles mesmos e os seus compañeiros
- As
notas deben estar informatizadas antes de celebrar
a sesión de avaliación. En ningún
caso se pode modificar esta nota se iso implica a
promoción ou a non promoción do alumno.
- O
titor levantará acta en cada sesión,
cos acordos e decisións tomados e asinarán
tódolos profesores presentes.
Voltar
ó índice
|
|
 |
|