FUNCIÓNS
DA TITORÍA
Podemos
afirmar que a acción titorial é unha
tarefa cooperativa e compartida polo equipo docente.
Este é o que ten que considerar as necesidades
do alumnado, coñece-los medios reais de que
dispón o centre e, a partires de aquí,
priorizar as funcións titoriais e concretar.
Estas funcións tomaranse como un referente
que pode orientar ós equipos docentes na súa
tarefa titorial, coordinados e dinamizados polo titor
ou titora co soporte técnico do especialista
en orientación.
As
funcións principais na Educación Secundaria
son:
- A
orientación ante as distintas opcións
educativas.
- O
reforzamento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
- A
orientación para a transición á
vida activa.
Na
secundaria as funcións xiran ó redor
da orientación profesional (opcións
educativas), e a inserción laboral (o paso
da formación á vida activa). En último
caso serán os titores e o equipo docente, co
apoio técnico dos especialistas internos e
externos ó centro, os que prioricen no Plan
de Acción Titorial aquelas funcións
que mellor se acheguen ás necesidades do alumnado
e ó nivel de implicación do propio equipo
docente.
FUNCIÓNS DOS DIFERENTES AXENTES IMPLICADOS:
CO
ALUMNADO
- Facilitar
a integración do alumnado no seu grupo
de clase e no conxunto da dinámica escolar.
- Axudar
á personalización e individualización
dos procesos de ensinanza-aprendizaxe do alumnado
para detectar as dificultades e necesidades especiais,
para elaborar respostas educativas axeitadas e
procurar asesoramento e apoio
- Coordinar
o proceso de avaliación do seu alumnado,
e orientar e asesorar sobre a súa promoción.
- Fomentar
no alumnado actitudes participativas no centro
e no seu entorno sociocultural.
CO EQUIPO DOCENTE E OUTROS ESPECIALISTAS
- Coordinar
o proceso avaliador que leva a cabo o profesorado
dos distintos grupos e recadar a información
que teña o profesorado de cada alumno/a.
- Coordinar
o axuste das programacións ó grupo,
especialmente en aqueles con necesidades educativas
especiais ou de apoio.
- Crear
liñas comúns de acción co
resto dos titores que teñen que quedar
reflexadas no P.E.C.
COS PAIS/NAIS
- Procurar
que as relacións cos pais e nais sexan
fluídas para facilitar a conexión
entre o centro e as familias.
- Implicar
ós pais e nais nas actividades de apoio
ó aprendizaxe e orientación dos
seus fillos/as.
- Asesorar,
informar e orientar ós pais e nais de tódolos
aspectos que afectan á educación
dos seus fillos/as.
CO
EQUIPO DIRECTIVO
- Dispoñer
de toda a información que chegue ó
centro sobre a acción titorial.
- Facer
propostas de asignación das titorías,
tendo en conta criterios pedagóxicos.
- Colaboración
no rendemento académico e educativo no
centro.
- Fomentar
a creación do departamento de Orientación
como axuda e soporte técnico á Acción
Titorial.
- Planificar
un tempo para preparar e desenvolver actividades
titoriais.
- Promover
unha avaliación da Acción Titorial
continua.
FUNCIÓNS PARA OS DIFERENTES NIVEIS EDUCATIVOS:
EDUCACIÓN
SECUNDARIA OBRIGATORIA
- Realización
dunha boa acollida para aquel alumnado que proceda
doutro centro co fin de integralo e crear un grupo
dinámico e participativo.
- Comprensión
e coñecemento do momento evolutivo polo
que está a pasar o adolescente que precisa
do titor moito tacto e delicadeza.
- Coordinación
do equipo docente para unificar actitudes, metodoloxías,
niveis de esixencia, etc...
- Axuda
no proceso de inserción socio-laboral para
aquel alumnado que remata ciclo e decide acceder
ó mundo laboral.
- Atención
individualizada do alumnado con necesidades educativas
especiais:
- Coñecer
a información facilitada polos centros
de procedencia.
- Asesoramento
do orientador do centro e do equipo sectorial.
BACHARELATOS E CICLOS FORMATIVOS
- Profundizar
no coñecemento das aptitudes, intereses
e motivacións do alumnado para axudalo
nas decisións do seu futuro educativo e
profesional.
- Coñecemento
dos itinerarios educacionais e socio-laborais.
- Coñecemento
das expectativas académica-profesionais
do grupo para ofrecerlle información sobre
elas.
- Colaboración
co Departamento de Orientación e outros
profesionais para facilitar ó alumnado
contactos e experiencias directas co mundo do
traballo.
- Orientación
e axuda á hora de afrontar o seu propio
proceso de toma de decisións académicas
ó remate desta etapa formativa