«+CONTIDOS»
NOVAS
O PINTOR SEOANE
ESCOLA UNESCO
CONTACTO
TABOLEIRO ANUNCIOS


INICIO->Novas Utilidades do Sitio Web Pon ó Luis Seoane como páxina de inicio Agregenos ós seus Favoritos Contácte connosco 


 «PROXECTO CURRICULAR »


AVALIACIÓN

A avaliación da aprendizaxe presenta fundamentalmente dúas funcións:

  • Unha función de carácter social de orientación e promoción do alumnado, pero tamén de selección e clasificación.
  • Unha función de carácter pedagóxico, de regulación do proceso de ensinanza-aprendizaxe, é dicir, de introducción dos cambios que cómpre realizar neste proceso para adaptarse ás necesidades de aprendizaxe do alumnado.

Estas funcións, de igual importancia no marco escolar, danse na práctica educativa fortemente entrelazadas e, ás veces, en conflicto.
Hai diversas modalidades de avaliación caracterizadas polo momento no que se realizan e polo obxectivo que perseguen:

  • Antes da ensinanza: avaliación inicial
  • Durante a ensinanza: avaliación formativa
  • Despois da ensinanza: avaliación sumativa

A avaliación inicial ten como obxectivo fundamental determina-la situación de cada alumno ó iniciar un determinado proceso de ensinanza-aprendizaxe a fin de adecualo ás súas necesidades.
A avaliación formativa refírese ós procedementos utilizados polo profesor coa finalidade de adapta-lo seu proceso didáctico ós progresos e problemas de aprendizaxe observados nos seus alumnos.
A avaliación sumativa ten por obxectivo establecer os resultados obtidos ó final dun proceso de ensinanza-aprendizaxe.
As características fundamentais da avaliación son as seguintes:

  • A avaliación deberá estar integrada no proceso de ensinanza-aprendizaxe,e actuará como elemento de axuste. Deberá ter en conta os obxectivos, métodos, actividades, recursos, ... e seguir un modelo globalizado.
  • Debe ser un proceso continuo e con posibilidades de retroalimentación, cara á autoavaliación. Deben coordinarse aspectos cuantitativos e cualitativos mediante unha reflexión e observación constante do alumnado.
  • Será continua e integradora e hai que valorar actitudes, capacidades, procedementos, ó inicio, durante e ó final do proceso de aprendizaxe.
  • Empregaranse procedementos e instrumentos axeitados e variados: traballo individual e en grupo, probas escritas, tarefas, debates, prácticas realizadas etc., co fin de obter resultados o máis fiables posible sobre a aprendizaxe dos alumnos.
  • Permitirá detectar as ideas previas dos alumnos así como adapta-lo proceso didáctico ós progresos e problemas de aprendizaxe do alumnado.
  • Debese explicitar qué se vai a avaliar e cáles son os instrumentos e os criterios que se van empregar.
  • A avaliación debe resaltar non só os erros cometidos, senón tamén os éxitos alcanzados. Así os alumnos serán conscientes daqueles aspectos que xa dominan e daqueles nos que deben mellorar
  • O número total de avaliacións será de tres, incluíndo a final, e no caso da ESO farase sempre antes unha preavaliación.


Voltar ó índice




©«iesluisseoane.org»