«INFORMACIÓN»
FINANCIACIÓN
SELECCIÓN DE BENEFICIARIOS
CERTIFICADO DE PRÁCTICAS
LOGROS ACADADOS
DIFUSIÓN
CRONOLOGIA E TRAXECTORIA DOS PROXECTOS ACADADOS
 «+CONTIDOS»
O PINTOR SEOANE
ESCOLA UNESCO
CONTACTO
TABOLEIRO ANUNCIOS


INICIO->Programas do Centro Utilidades do Sitio Web Pon ó Luis Seoane como páxina de inicio Agregenos ós seus Favoritos Contácte connosco 


 «INTRODUCCIÓN»


A inserción do Estado Español no contexto europeo abriu novas perspectivas en tódolos eidos, incluído o ámbito da educación e da formación

Fronte a unha idea de Europa centrada na consecución dunha converxencia nominal en temas económicos, os sistemas educativos poden e deben favorece-lo achegamento entre os pobos e mailas persoas, e neste sentido son fundamentais as relacións e intercambios de tipo cultural, educativo e profesional.

O recoñecemento das cualificacións dentro da Unión Europea, a libre circulación de persoas, a creación dun mercado único e a realización dunha política común nos sectores económico e social, proporciona a creación dunha nación europea na que a xente xove se desenvolverá.

Entre as nosas intencións como Centro Educativo que imparte ciclos formativos superiores estivo a formación integral dos nosos alumnos e a potenciación de todas aquelas actividades e inquedanzas que consideramos fundamentais para o seu desenvolvemento persoal, profesional e social.

O obxectivo principal do noso departamento de Programas Internacionais é o de promover e realizar Programas de Formación Profesional Tansnacional que axuden aos xóves a entender e usar tecnoloxías novas no mercado de traballo. Os xóves teñen que adquirir unha capacidade de entender os cambios do mercado para permitirlles tomar-la dianteira dentro das súas profesións.

Eles precisan:
- Aprender o manexo súa la paza no mercado, así como a crreatividade na mesma (a capacidade de tomar-la iniciativa).
- Aprender como adaptarse a un ambiente productivo que cambia constantemente (adaptándose á dinámica do mercado).
- Coñecer e entende-las diferencias culturais (a capacidade de integrarse).

Ademais este coñecemento da complexidade dos países europeos desenvolve o entendemento e a comprensión da diversificación cultural.

O tratado de Mastrich nos seus artigos 127 establece un marco xurídico par propoñer accións de cooperación no ámbito da educación a través de diferentes accións e programas comunitarios; ofrece así mesmo, a posibilidade de que a formación práctica en empresas adquira unha dimensión transnacional.

Atribúleselle a responsabilidade de desenrolar unha política de formación profesional que reforce e complete plenamente a responsabilidade dos estados membros favorecendo, en particular, a mobilidade das persoas en formación e destacando a importancia de que estas se desenrolen nos estados membros e a súa integración nos programas nacionais.

Voltar arriba




©«iesluisseoane.org»