CICLO FORMATIVO DE NIVEL SUPERIOR
TÉCNICO EN SECRETARIADO
PERFIL PROFESIONAL
Este Ciclo Formativo de "TÉCNICO SUPERIOR
EN SECRETARIADO", co seu amplo campo de actividade,
preséntase como unha opción interesante
para o alumno, xa que lle proporciona un amplo abanico
de posibilidades de inserción no mundo laboral.
Os despachos profesionais, a administración
pública, a pequena e mediana empresa, predominante
en Galicia, xeneran unha oferta de emprego que se
adaptga perfectamente a estes técnicos.
Na actualidade este técnico oferece un perfil
profesional solvente, responsable e cualificado no
manexo das novas tecnoloxías ofimáticas,
adaptable a calquera campo empresarial, independentemente
do sector económico ó que se adique
a empresa.
Outro aspecto que demanda o mercado laboral, e ó
que se lle dá primordial importancia neste
ciclo, é á formación multilingüe
do técnico, cualificación precisa en
calquera profesional para poder integrarse no mercado
de traballoda Unión Europea, participar en
programas comunitarios, ou ampliar estudios no estranxeiro.
CAPACIDADES PROFESIONAIS E CEMPETENCIAS DE ÁMBITO
XERAL
-
Organizar, xestionar, elaborar e transmitir a información
porcedente ou con destino ós órganos
executivos e de xestión en lingua propia e/ou
estranxeira.
- Organizar, supervisar e realizar traballos propios
dun servicio de Secretariado, tanto propio como a
cargo das persoas ó seu cargo.
- Representar á empresa, actuando de relacións
públicas e intérprete, fomentando a
imaxe da mesma, nas relación internas e externas,
segundo os obxectivos marcsdos e as normas establecidas.
- Realizar funcións administrativas con autonomía
e responsabilidade.
- Sustituir ó órgano de xestión
ou dirección segundo as instruccións
recibidas.
- Tratamento do correo e redacción da correspondencia.
Elaboración e presentación de documentación
e información utilizando aplicacións
informáticas.
- Interpretar a información e difinir as diferentes
actuacións segundo as normas deontolóxicas
do Secretariado.
- Comunicarse oralmente e por escrito de forma precisa
e fluída en dous idiomas estranxeiros.
- Organizar traballos administrativos, axendas de
viaxe, eventos, reunións e demais actos corporativos
de forma eficaz, axustándose a criterios éticos
e de imaxe.
- Manter relacións fluidas cos membros do grupo
funcional no que está integrado, responsabilizándose
da consecución dos obxectivos asignados ó
grupo, organizando e dirixindo tarefas colectivas
e cooperando na superación das dificultades.
- Resolver problemas e tomar decisións individuais
sobre as súas actuacións ou as de outros,
dentro do ámbito da súa competencia.
ACCESO ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
Accederase
ós ciclos formativos de grao superior mediante
acceso directo ou a través da proba regulada
pola Orde do 1 de abril de 2002. Estas dúas
formas de acceso son incompatibles. En todo caso,
ó acceso mediante proba unicamente poderán
concorre-las persoas que carezan dos requisitos académicos
que posibiliten o acceso directo.
Para
o alumnado que acredite ter superada a proba de acceso
reservarase, cando menos, o 20% das prazas que se
oferten para cada ciclo formativo de grao superior
de formación profesional específica.
REQUISITOS
PARA Ó ACCESO
1.-
Acceso directo
Para
acceder directamente ó ciclo formativo, será
preciso estar en posesión do título
de bacharelato LOXSE.
Tamén
terán acceso ó ciclo formativo as persoas
que cumpran algún dos requisitos académicos
seguintes:
-
Ter superado o segundo curso de bacharelato experimental
regulado pola Orde ministerial do 21 de outubro de
1986 (BOE do 6 de novembro).
- Ter superado o C.O.U. ou preuniversitario.
- Estar en posesión do título de técnico
especialista, técnico superior ou titulación
equivalente a efectos académicos.
- Estar en posesión dunha titulación
universitaria ou equivalente.
2.-
Acceso mediante proba:
Quen non reúna as condicións anteriores,
e teña 20 anos ou os cumpra no ano de inicio
do ciclo, poderá acceder mediante a superación
dunha proba de acceso. No caso de estar en posesión
dun título de técnico, o requisito de
idade é de 18 años sempre que se presente
a un ciclo da mesma familia profesional.
Para acceder mediante proba resérvanse un 20%
das prazas.
Requisito das probas de acceso
Os
contidos da proba de acceso ós ciclos formativos
de grao superior adecuaranse ós currículos
das correspondentes modalidades de bacharelato previstas
na Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de
ordenación xeral do sistema educativo.
A
citada proba constará de dúas partes:
Parte
Xeral: Acreditará a madurez en relación
cos obxectivos do bacharelato, fundamentalmente en
contidos procedimentais de: -Lingua galega e literatura.
-Lingua castelá e literatura. -Lingua estranxeira
(opción inglés ou francés). -Matemáticas.
As
persoas que acrediten ter superadas totalmente as
porbas de acceso á universidade para maiores
de vintecinco años poderán quedar exentas
de realizar esta parte da probas, en función
do grao de afinidade da proba de acceso á universidade
e o ciclo formativo ó que queiran acceder.
Parte Específica: Avaliará as capacidades
respecto ó campo profesional correspondente
ó ciclo formativo o que se pretende acceder.
Esta parte avaliará os coñecementos
en ralación coa materia de Economía
e Organización de Empresas, agás os
aspirantes a cursar Secretariado que terán
que realizar ademais unha proba de Segunda Lingua
Estranxeira.
Desta
última parte da proba poderán quedar
exentas as persoas que acrediten, polo menos, un ano
de experiencia laboral nos campos profesionais que
se correspondan cos estudios que pretende cursar.
VALIDACIÓNS
E EXENCIÓNS
Serán
validables aqueles módulos profesionais comúns
a varios ciclos formativos que teñan idéntica
denominación e duración, según
o regulado na Orde do 20 de decembro de 2001 (BOE
9 de xaneiro de 2002). Esta validación debe
pedirse no momento de formalizar a matrícula.
O
módulo de FCT é susceptible de exención
pola súa correspondencia coa práctica
laboral. Esta exención debe pedirse 2 meses
antes do comezo do periodo ordinario de FCT e teñen
dereito a ela aqueles alumnos que acrediten, ó
menos, unha experiencia laboral de 12 meses no mesmo
campo profesional. Esta acreditación faise
cun certificado de cotización á S.S.
e un certificado da empresa no que se indiquen función,
actividades e tarefas desempeñadas, así
como a duración destas.
AVALIACIÓN
E PROMOCIÓN
Para
realizar o módulo de Formación en Centros
de Traballo é preciso ter aprobados todos os
outros módulos formativos. Se o equipo educativo
o considera oportuno podese realizar a formación
en centros de traballo con un módulo pendente.
Para obter o título é preciso ser avaliado
positivamente en todos os módulos formativos.
Non se pode repetir máis dunha vez por módulo
formativo, agás nos ciclos do réxime
de Ensinanza de Persoas Adultas.
TÍTULO E ESTUDIOS
Duración:
1 ano e 1 trimestre o primeiro do curso seguinte,
de prácticas en empresas.
Título: Técnico superior en Secretariado
SAIDAS Ó FINALIZAR
-
Incorporación ó mundo do traballo como
técnico especialista.
- Acceso directo a Escolas Universitarias.
MATERIAS/MÓDULOS FORMATIVOS
|
MODULOS
|
HORAS
TOTALES
|
HORAS
SEMANA
|
|
1º
ano
|
| Comunicación
e relacións profesionais |
80 |
3 |
| Organización
do servicio e traballo da secretaría |
80 |
3 |
| Xestión
de datos |
110 |
4 |
| Elaboración
e presentación de documentos |
185 |
7 |
| Elementos
de dereito |
55 |
2 |
| Língua
estranxeira (Inglés) |
130 |
5 |
| 2ª
Lingua estranxeira |
130 |
5 |
| Formación
e orientación laboral |
55 |
2 |
| Proxecto
integrado |
80 |
3 |
| Horas
de libre disposición do centro. |
55 |
2 |
|
2º
ano (1º trimestre)
|
|
Formación
en centros de traballo
|
340*
|
*A
formación en Centros de Traballo (F.C.T.) realízase
ó rematar a formación no Instituto.
O peridodo de realización é de outubro
a decembro, e seguindo o horario da empresa na que
se realizan as prácticas.
Para
un coñecemento máis detallado podese
consultar o apartado de lexislación
Voltar
arriba