CICLO FORMATIVO DE NIVEL SUPERIOR TÉCNICO EN
COMERCIO INTERNACIONAL
COMPETENCIA
XERAL
Os
requirimentos xerais de cualificación profesional
do sistema productivo para este técnico son:
Xestiona-los
plans de actuación relacionados coas operacións
de compra-venda, almacenamento, distribución
e financiamento no ámbito internacional, de
acordo con obxectivos e procedementos establecidos.
Actuar, no seu caso, baixo a supervisión xeral
de Licenciados e/ou Diplomados.
CAPACIDADES PROFESIONAIS
Identificar e interpreta-la normativa vixente no comercio
internacional e as súas repercusións
na documentación e tramitación correspondente
ás operacións de importación
e exportación e operacións intracomunitarias
e a súa tramitación.
Adaptarse
ós cambios frecuentes que se producen na normativa
vixente do comercio internacional.
Realizar
operacións de compra-venda de mercadorías
a nivel internacional, levando a cabo a negociación
de determinados aspectos, de acordo coas características
estructurais e conxunturais do país co que
se establece a relación comercial e observando
a normativa vixente.
Manter
actualizada a información sobre as novas modalidades
que aparecen no mercado de envases, embalaxes e medios
de transporte no ámbito internacional, así
como do seguro da operación.
Xestiona-las
operacións de loxística no almacenamento
e distribución internacional de mercadorías,
garantindo a súa integridade e o aproveitamento
racional dos medios e espacios dispoñibles.
Realiza-la
xestión administrativa asociada ás importacións,
exportacións e operacións intracomunitarias
de mercadorías, garantindo a fiabilidade das
operacións nos aspectos económicos,
contractuais e legais.
Analiza-las
diversas vías de financiamento das transaccións
internacionais e os posibles riscos financeiros asociados
a elas.
Comunicarse
verbalmente ou por escrito, de xeito claro e fluído,
no idioma correspondente, cos axentes intervenientes
na negociación da compra-venda internacional.
Manter
comunicacións efectivas no desenvolvemento
do seu traballo, coordinando a súa actividade
coas das outras áreas da organización.
Resolver
problemas e tomar decisións individuais sobre
as súas actuacións ou as de outros,
identificando e seguindo as normas establecidas procedentes,
dentro do ámbito da súa competencia
e consultando ditas decisións cando as súas
repercusións organizativas, económicas
ou de seguridade sexan importantes.
Coordina-lo
proceso de traslado da mercadoría, controlando
que as condicións establecidas se cumpran,
elaborando e tramitando a documentación necesaria
na operación.
Manter
relacións fluídas cos membros do grupo
funcional no que está integrado, responsabilizándose
da consecución dos obxectivos asignados ó
grupo, respectando o traballo dos demais, organizando
e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación
de dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante
cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.
Posuír
unha visión global e integrada do proceso de
importación/exportación e operacións
intracomunitarias de productos comprendendo os mecanismos
de actuación establecidos entre os distintos
axentes intervenientes en cada operación de
comercio internacional.
ACCESO
ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
Accederase
ós ciclos formativos de grao superior mediante
acceso directo ou a través da proba regulada
pola Orde do 1 de abril de 2002. Estas dúas
formas de acceso son incompatibles. En todo caso,
ó acceso mediante proba unicamente poderán
concorre-las persoas que carezan dos requisitos académicos
que posibiliten o acceso directo.
Para
o alumnado que acredite ter superada a proba de acceso
reservarase, cando menos, o 20% das prazas que se
oferten para cada ciclo formativo de grao superior
de formación profesional específica.
REQUISITOS
PARA Ó ACCESO
1.-
Acceso directo
Para
acceder directamente ó ciclo formativo, será
preciso estar en posesión do título
de bacharelato LOXSE.
Tamén
terán acceso ó ciclo formativo as persoas
que cumpran algún dos requisitos académicos
seguintes:
-
Ter superado o segundo curso de bacharelato experimental
regulado pola Orde ministerial do 21 de outubro de
1986 (BOE do 6 de novembro).
- Ter superado o C.O.U. ou preuniversitario.
- Estar en posesión do título de técnico
especialista, técnico superior ou titulación
equivalente a efectos académicos.
- Estar en posesión dunha titulación
universitaria ou equivalente.
2.-
Acceso mediante proba:
Quen non reúna as condicións anteriores,
e teña 20 anos ou os cumpra no ano de inicio
do ciclo, poderá acceder mediante a superación
dunha proba de acceso. No caso de estar en posesión
dun título de técnico, o requisito de
idade é de 18 años sempre que se presente
a un ciclo da mesma familia profesional.
Para acceder mediante proba resérvanse un 20%
das prazas.
Requisito das probas de acceso
Os
contidos da proba de acceso ós ciclos formativos
de grao superior adecuaranse ós currículos
das correspondentes modalidades de bacharelato previstas
na Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de
ordenación xeral do sistema educativo.
A
citada proba constará de dúas partes:
Parte
Xeral: Acreditará a madurez en relación
cos obxectivos do bacharelato, fundamentalmente en
contidos procedimentais de: -Lingua galega e literatura.
-Lingua castelá e literatura. -Lingua estranxeira
(opción inglés ou francés). -Matemáticas.
As
persoas que acrediten ter superadas totalmente as
porbas de acceso á universidade para maiores
de vintecinco años poderán quedar exentas
de realizar esta parte da probas, en función
do grao de afinidade da proba de acceso á universidade
e o ciclo formativo ó que queiran acceder.
Parte Específica: Avaliará as capacidades
respecto ó campo profesional correspondente
ó ciclo formativo o que se pretende acceder.
Esta parte avaliará os coñecementos
en ralación coa materia de Economía
e Organización de Empresas, agás os
aspirantes a cursar Secretariado que terán
que realizar ademais unha proba de Segunda Lingua
Estranxeira.
Desta
última parte da proba poderán quedar
exentas as persoas que acrediten, polo menos, un ano
de experiencia laboral nos campos profesionais que
se correspondan cos estudios que pretende cursar.
VALIDACIÓNS
E EXENCIÓNS
Serán
validables aqueles módulos profesionais comúns
a varios ciclos formativos que teñan idéntica
denominación e duración, según
o regulado na Orde do 20 de decembro de 2001 (BOE
9 de xaneiro de 2002). Esta validación debe
pedirse no momento de formalizar a matrícula.
O
módulo de FCT é susceptible de exención
pola súa correspondencia coa práctica
laboral. Esta exención debe pedirse 2 meses
antes do comezo do periodo ordinario de FCT e teñen
dereito a ela aqueles alumnos que acrediten, ó
menos, unha experiencia laboral de 12 meses no mesmo
campo profesional. Esta acreditación faise
cun certificado de cotización á S.S.
e un certificado da empresa no que se indiquen función,
actividades e tarefas desempeñadas, así
como a duración destas.
AVALIACIÓN
E PROMOCIÓN
Para
realizar o módulo de Formación en Centros
de Traballo é preciso ter aprobados todos os
outros módulos formativos. Se o equipo educativo
o considera oportuno podese realizar a formación
en centros de traballo con un módulo pendente.
Para obter o título é preciso ser avaliado
positivamente en todos os módulos formativos.
Non se pode repetir máis dunha vez por módulo
formativo, agás nos ciclos do réxime
de Ensinanza de Persoas Adultas.
TÍTULO E ESTUDIOS
Duración:
2 anos (2000 horas)
Título: Técnico superior en Comercio
Internacional
SAIDAS Ó FINALIZAR
-
Incorporación ó mundo do traballo como
técnico especialista.
- Acceso directo a Escolas Universitarias.
MATERIAS/MÓDULOS FORMATIVO
| MATERIAS
|
HORAS TOTALES |
HORAS
SEMANA |
| 1º
ano |
| Marketing
internacional |
215 |
8 |
|
Almacenaxe de productos |
130 |
5 |
|
Financiamento internacional |
180 |
6 |
|
Aplicacións informáticas |
110 |
4 |
|
Lingua extranxeira (inglés) |
180 |
6 |
|
Segunda lingua extranxeira |
130 |
5 |
|
Horas de libre disposición |
55 |
2 |
| 2º
ano |
| Negociación
internacional |
110 |
6 |
|
Xestión adva. do comercio internacional |
185 |
10 |
|
Transporte internacional de mercadorías |
130 |
7 |
|
Medios de pago internacionais |
90 |
5 |
|
Formación e orientación laboral |
55 |
3 |
|
Proxecto integrado |
90 |
5 |
|
Formación en centros de traballo |
380* |
*A
formación en Centros de Traballo (F.C.T.) realízase
ó rematar a formación no Instituto.
O peridodo de realización é de abril
a xuño, e seguindo o horario da empresa na
que se realizan as prácticas.
Para un coñecemento máis detallado
podese consultar o apartado de lexislación
Voltar
arriba