CICLO FORMATIVO DE NIVEL MEDIO
TÉCNICO EN COMERCIO
PERFIL
PROFESIONAL
Competencia
xeral: execua-los plans de actuación establecidos
para a comercialización de productos e/ou servicios
nas mellores condicións de calidade, tempo,
lugar e prezo e administrar e xestionar un pequeno
establecemento comercial.
Contorno funcional: almacenamento, distribución,
vendas, atención ó público e
clientes e animación do establecemento comercial.
Ocupacións e postos de traballo máis
relevantes: comerciante, empregado de reposición,
dependente en xeral e de oficio, encargado de tenda,
vendedor técnico, representante comercial,
xefe de caixa, empregado de atención ó
cliente, almacenista e empregado de axencias comerciais.
CAPACIDADES
TERMINAIS
Empregar
eficazmente as técnicas de comunicación
no seu medio laboral para recibir e emitir instruccións
e información, intercambiar ideas ou opinións,
asignar tarefas e coordenar proxectos.
Afrontar os conflictos que se orixinen no seu entorno
de traballo, mediante a negociación e a consecución
da participación de todos os membros do grupo
na detección da orixe do problema, evitando
xuízos de valor e resolvendo o conflicto, centrándose
naqueles aspectos que se poidan modificar.
Tomar decisións, contemplando as circunstancias
que obrigan a tomar esa decisión e tendo en
conta as opinións dos demais respecto ás
vías de solución posibles.
Exercer o liderazgo dun xeito efectivo no marco das
súas competencias profesionais adoptando o
estilo máis apropiado en cada situación.
Conducir, moderar e/ou participar en reunións,
colaborando activamente ou conseguindo a colaboración
dos participantes.
Impulsar o proceso de motivación no seu entorno
laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo
e o compromiso das personas cos obxectivos da empresa.
ACCESO ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
Accederase
ós ciclos formativos de grao medio mediante
acceso directo ou a través da proba regulada
pola Orde do 1 de abril de 2002. Estas dúas
formas de acceso son incompatibles. En todo caso,
ó acceso mediante proba unicamente poderán
concorre-las persoas que carezcan dos requisitos académicos
que posibiliten o acceso directo.
Para
o alumnado que acredite ter superada a proba de acceso
reservarase, cando menos, o 20% das prazas que se
oferten para cada ciclo formativo de grao medio de
formación profesional específica.
REQUISITOS
PARA Ó ACCESO
Acceso
directo
Estar
en posesión do título de graduado en
Educación Secundaria obrigatoria.
Estar
en posesión do título de Técnico
Auxiliar (F.P.I) en calquera rama profesional.
estar
en posesión do título de técnico.
Ter
aprobado 2º de BUP na súa totalidade.
Ter
superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental
da reforma das ensinanzas medias.
Ter
superados, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios
artísticos, o terceiro curso de plan de 1963
(Decreto 2127/1963, do 24 de xullo; BOE do 6 de novembro),
ou o segundo de comúns experimental (Decreto
179/1988, do 7 de xullo; DOG do 18 de xullo).
Ter
superados outros estudios declarados equivalentes
para efectos académicos con algún dos
anteriores.
Acceso
mediante proba
Quen
non reúna os requisitos anteriores poderá
acceder a este ciclo formativo, mediante a realización
dunha proba de acceso, se está nalgunha das
situacións seguintes.
(É
suficiente cumprir unha soa das seguintes condicións).
Acreditar
un ano de experiencia laboral ou de demandante de
emprego.
Ter
superado un programa de garantía social.
Ter
esgotada a escolaridade na Educación Secundaria
Obrigatoria.
Ter
cumpridos 18 años de idade, ou cumprilos antes
do 31 de decembro.
O
contido da proba tomará como referencia os
currículos oficiais da ESO.
Esta
proba constará de dúas partes:
Parte
sociocultural
Comprensión
e expresión de textos escritos con propiedade,
autonomía e creatividade en galego e castelán.
Coñecemento
da historia, xeografía e actividades da nosa
tradición e patrimonio cultural, así
como análise dos mecanismos e valores que rexen
o funcionamento das sociedades.
Parte
científico-tecnolóxica
Resolución
de problemas nos campos das matemáticas e da
tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento
lóxico.
Realización
de exercicios que utilicen códigos científicos
e técnicos. Aplicacións do desenvolvemento
científico e tecnolóxico e a súa
incidencia no medio físico e social.
VALIDACIÓNS
E EXENCIONS
Serán
validables aqueles modulos profesionais comúns
a varios ciclos formativos que teñan idéntica
denominación e duración, según
o regulado na Orde de 20 de decembro de 2001 (BOE
9 de xaneiro de 2002). Esta validación debe
pedirse no momento de formalizar a matrícula.
O
módulo de FCT é susceptible de exención
pola súa correspondencia coa práctica
laboral. Esta exención debe pedirse 2 meses
antes do comenzo do perido ordinario da FCT e teñen
dereito a ela aqueles alumnos que acrediten, ó
menos, unha experiencia laboral de 12 meses no mesmo
campo profesional. Esta acreditación faise
cun certificado de cotización á S.S.
e un certificado da empresa no que se indiquen funcións,
actividades e tarefas desempeñadas, así
como a duración destas.
AVALIACIÓN
E PROMOCIÓN
Para
realizar o módulo de Formación en Centros
de Traballo é preciso ter aprobados todos os
outros módulos formativos. Se o equipo educativo
o considera oportuno pódese realizar a formación
en centros de traballo con un módulo pendente.
Para
obter o título é preciso ser avaliado
positivamente en todos os módulos formativos.
Non
se pode repetir máis dunha vez por módulo
formativo, agás nos ciclos do réxime
de Ensinanzas de Persoas Adultas.
TÍTULO
E ESTUDIOS
Duración:
1 ano de formación académica e 1 trimestre,
o primeiro do curso seguinte, de prácticas
en empresa.
Título: Técnico en Comercio
SAIDAS
Ó FINALIZAR
-
Incorporación ó mundo laboral como traballador
cualificado.
- Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais
MATERIAS/MÓDULOS FORMATIVOS
| MATERIAS
|
HORAS TOTALES |
HORAS
SEMANA |
| 1º
ano |
| Operacións
de almacenaxe |
110 |
4 |
| Animación
do punto de venda |
160 |
6 |
| Operacións
de venda |
160 |
6 |
| Aplicacións
informáticas de propósito xeral |
110 |
4 |
| Lingua
estranxeira |
110 |
4 |
| Administración
e xestión dun pequeno comercio |
130 |
5 |
| Relacións
no equipo de traballo |
55 |
2 |
| Formación
e orientación laboral |
55 |
2 |
| Horas
de libre disposición do centro |
70 |
3 |
| 2º
ano |
|
Formación en Centros de Traballo |
440* |
*A
formación en Centros de Traballo (F.C.T.) realízase
ó rematar a formación no Instituto.
O peridodo de realización é de outubro
a decembro, e seguindo o horario da empresa na que
se realizan as prácticas.
Para un coñecemento máis detallado
podese consultar o apartado de lexislación
Voltar
arriba