«+CONTIDOS»
NOVAS
O PINTOR SEOANE
ESCOLA UNESCO
CONTACTO
TABOLEIRO ANUNCIOS


INICIO->Contacto Utilidades do Sitio Web Pon ó Luis Seoane como páxina de inicio Agregenos ós seus Favoritos Contácte connosco 


 «PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS PARA O CURSO 2007/08»

 


INFORMACIÓN E DATAS DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS PARA O CURSO 2007-2008
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou DOG a resolución da convocatoria ordinaria de probas de acceso a ciclos formativos de graos medio e superior para o curso académico 2007/2008.
Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso de grao medio e superior pode consultarse dentro da opción “probas” do menú da páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp

Novidades da convocatoria de probas de acceso 2007-2008
Adiántase a idade para poder presentarse ás probas:
– Grao medio: poderase presentar quen teña 17 anos ou os cumpra no ano de realización da proba. Non precisa este requisito de idade quen supere un programa de garantía social.
– Grao superior: poderase presentar quen teña 19 anos ou os cumpra no ano de realización da proba ou 18 se se ten un título de técnico nun ciclo formativo pertencente á mesma familia profesional que o ciclo que se desexa cursar.
As persoas que teñan superada a proba para o acceso á universidade para maiores de 25 anos poderán quedar exentas da realización da proba. Esta exención ten que solicitarse durante o período de inscrición para a proba. A súa puntuación para o proceso de admisión será de 5,00.
A folla de inscrición presentarase por duplicado e o centro selará e datará unha copia que lle servirá á persoa solicitante como resgardo de inscrición. O día da celebración da proba o aspirante deberá levar o seu documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte) e a copia selada da folla de inscrición, que son os documentos que garanten a súa identidade e o seu dereito a pre-sentarse á proba.

Calendario previsto das probas de acceso

Probas de acceso a ciclos de grao superior
As probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para o curso académico 2007-2008 terán lugar o día 22 de maio. O período de inscrición para estas probas será do 16 ao 24 de abril.

Probas de acceso a ciclos de grao medio
As probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para o curso académico 2007-2008 levaranse a cabo o día 12 de xuño. O período de inscrición será do 14 ao 22 de maio.




©«iesluisseoane.org»